Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2022 | Actualizada ás 13:35
O Consello da Xunta autorizou este xoves a firma de senllos convenios coas empresas Airbus, Babcock e Telespazio, que serán o "tres primeiros socios estratéxicos" do polo aeroespacial de Galicia, situado en Rozas (Lugo).
Segundo detallou o presidente galego, Alfonso Rueda, tras a reunión semanal do seu Goberno, tratarase dunha "alianza público-privada" entre a Administración autonómica e este tres compañías que consistirá nunha mobilización total de 283 millóns de euros coa previsión de crear 400 postos de traballo ata 2026.
En total, serán 40 proxectos de I+D no campo dos sistemas non tripulados, para os cales a Xunta achegará unha parte, mentres que a maioría do investimento correrá a cargo das propias empresas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.