Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2022 | Actualizada ás 18:25
Unha trintena de turoperadores chegados de Portugal visitaron Galicia nos últimos días para coñecer a oferta turística da Comunidade galega, especialmente a vinculada ao Camiño de Santiago e a capital galega.
Convidados pola cadea Carrís Hoteis de Santiago de Compostela, a delegación de profesionais do turismo do país luso visitaron o albergue do Monte do Gozo e o hotel Casa da Troia, situada no centro histórico compostelán.
Ademais, os turoperadores mantiveron un encontro coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen destacou a importancia de estreitar lazos co sector turístico doutros países para atraer visitantes á comunidade.
"Hai motivos para pensar cada vez máis nas sinerxías entre as empresas dos dous países, que poden realizar accións de promoción conxuntas", destacou Nava Castro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.