Galicia postúlase para acoller a sede da futura Axencia Estatal de Saúde Pública

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/10/2022 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

Galicia postulouse para acoller a sede da futura Axencia Estatal de Saúde Pública, segundo confirmou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Fíxoo na rolda de prensa posterior á celebración do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, que se celebrou este venres en Santiago de Compostela.

Julio García Comesaña en Vigo. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
Julio García Comesaña en Vigo. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS

Galicia súmase así a outras comunidades como Aragón ou Andalucía, que xa manifestaran o seu interese por contar coa sede da nova entidade pública sanitaria.

Tal e como estaba previsto na orde do día da reunión e como confirmou a propia Darias, o Interterritorial abordou o Anteproxecto da Axencia Estatal de Saúde Pública, que xa foi aprobado en primeira volta polo Consello de Ministros e que pasará de novo por este órgano "antes de que finalice o ano" para ser remitido ás Cortes.

"Finalizou o trámite de consulta pública e agora estamos en proceso de observación, valorando as observacións realizadas ata agora", detallou Darias.

A ministra indicou que algunhas comunidades autónomas "seguíronse propondo" para ser a sede deste organismo, aínda que non se tomou unha decisión. "Seguimos en escoita activa para a adopción da decisión cando chegue o momento. Todas e cada unha das comunidades reúnen as condicións", esgrimiu.

Comesaña defendeu que Galicia conta cunha "longa e profunda tradición" en todo o relacionado con este campo da sanidade, como no desenvolvemento de cribados neonatais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta