Yolanda Díaz considera que en Cataluña é hora de que "se goberne" e se "resolvan os problemas da xente"

Afirma que tras a ruptura do goberno catalá, "ábrese unha porta de esperanza"

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 08/10/2022 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, considera que tras a ruptura do goberno en Cataluña, "ábrese unha porta de esperanza" tras unha época de "enorme combustión".

"O que creo é que Cataluña pecha unha época, unha época de enorme combustión, se se me permite. E agora ábrese unha porta de esperanza", comentou momentos antes de acudir á homenaxe na Coruña ao doutor José García Buitrón, xerente do CHUAC e exsenador de Podemos; unha persoa "moi importante" na vida de Díaz, como ela mesma afirmou.

Díaz sinalou que o que necesitan agora os cataláns é que se goberne. "Necesitamos que gobernen e resolvan os problemas da xente, como son a sanidade pública e a educación, ou a dependencia. Isto é o que me gustaría que pasase en Cataluña", concluíu.

O portavoz de En Común Galicia, Antón Gómez-Reino e a vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, ofrecen declaracións aos medios á súa chegada a unha homenaxe ao exsenador de Podemos José García Buitrón. M. Dylan - Europa Press
O portavoz de En Común Galicia, Antón Gómez-Reino e a vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, ofrecen declaracións aos medios á súa chegada a unha homenaxe ao exsenador de Podemos José García Buitrón. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta