Atopan desorientada unha muller que fora dada por desaparecida en Arteixo

Foi localizada na madrugada deste venres.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/10/2022 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil de Arteixo localizaron na madrugada deste venres unha muller de idade avanzada que fora dada por desaparecida horas antes.

Un axente da Garda Civil
Un axente da Garda Civil | Fonte: Europa Press.

Os axentes foron informados ao redor das 22,30 horas da desaparición dunha muller de avanzada idade, de complexión delgada e cabelo louro. Sobre as 1,45 horas da madrugada, unha patrulla que realizaba un servizo de seguridade cidadá localizou unha persoa que camiñaba desorientada por Arteixo e que coincidía coas características físicas da desaparecida.

Os axentes mantiveron unha conversa con ela e comprobaron que non tiña lesións a primeira vista e que facilitaba o seu nome e apelidos. A muller dixo que se puxo a camiñar desde A Coruña sen rumbo e que non sabía onde se atopaba.

A Garda Civil deu entón aviso aos seus familiares e no lugar se presentou unha filla, á que ofreceron chama unha ambulancia. No entanto, dixo que se encargaría ela de levala ao hospital se fose necesario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta