Usuarios de centros de educación especial cantan e bailan ao ritmo de 'De Tapas' co proxecto 'Música a flor de pel'

CEE Nosa Señora do Chamorro acolleu unha destas actuacións que usa os beneficios da música en directo en persoas con diversidade funcional.

Por E.P. | | 17/10/2022 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

O proxecto 'Música a flor de pel', de Afundación, a Obra Social de Abanca, regresou este luns á estrada e chegou á CEE Nosa Señora do Chamorro, na localidade coruñesa de Narón, onde usuarios con diversidade funcional deste centro puideron cantar e bailar ao ritmo do grupo 'De Tapas', da Fundación Igualarte.

A música en directo como forma de axudar a xestionar emocións, ao desenvolvemento sensorial e perceptivo ou ao fomento da creatividade. Ese é o obxectivo de 'Música a flor de pel', un programa que naceu en plena pandemia como resposta desde Afundación ás limitacións impostas ás saídas escolares e á realización de eventos neste ámbito, o que provocou unha redución das posibilidades de interacción cultural deste alumnado, posto que a alternativa dixital "non era suficiente ao contar coa distancia da pantalla".

"A música é un instrumento valiosísimo para facilitar a comunicación, a interacción, o desenvolvemento, a expresión das emocións ou a participación. Uns beneficios que nos referendan os testemuños dos monitores e dos directores destes centros", destacou Marité Cores, coordinadora da área de Cultura de Afundación.

Cores explicou que se propuxeron acudir a todos os centros de educación especial de Galicia. No ano 2021 acudiron ao 87% e este curso asistirán a "practicamente o 100%".

Actuación do grupo 'De Tapas' na CEE Nosa Señora do Chamorro, en Narón, no marco do proxecto 'Música a flor de pel', de Afundación.
Actuación do grupo 'De Tapas' na CEE Nosa Señora do Chamorro, en Narón, no marco do proxecto 'Música a flor de pel', de Afundación. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta