A xuízo o ex xefe da Policía de Boiro por prevaricación continuada

Está acusado de intervir para evitar que se tramitasen multas que afectaban a persoas do seu círculo próximo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/10/2022 | Actualizada ás 15:54

Comparte esta noticia

A titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 1 de Ribeira decretou a apertura de xuízo oral contra o ex xefe da Policía Local de Boiro, M.F., por un suposto delito de prevaricación continuada, na súa modalidade permisiva.

Policía Local en imaxe recurso
Policía Local en imaxe recurso | Fonte: EFE

No mesmo auto declárase como órgano competente para o coñecemento e fallo da causa a Sección V da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago.

A causa activouse por mor dunha denuncia rexistrada en agosto de 2019 e que partiu do propio Concello de Boiro, que abriu unha investigación interna tras un escrito presentado por varios axentes e ex axentes do concello nos que alertaban das prácticas do xefe da Policía Local.

Nese mesmo mes, M.F. foi suspendido das súas funcións. Segundo transcendeu, impútaselle prevaricación continuada na súa modalidade omisiva porque interviría para evitar notificar e que se tramitasen multas que afectaban a persoas do seu círculo próximo.

Segundo consta no auto no que se decreta a apertura de xuízo oral, aínda sen data, a acusación particular --o propio Concello de Boiro-- solicita que se lle impoña unha pena de 15 anos de inhabilitación absoluta para todo tipo de emprego público.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta