Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2022 | Actualizada ás 10:33
Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica en Santiago, en colaboración coa Unidade de Investigación de Incendios Forestais, puideron determinar que o lanzamento de foguetes durante unhas festas patronais foi a orixe dun incendio forestal rexistrado o pasado 26 de agosto en Ames.
Segundo informou a Xunta, o lume tivo lugar na parroquia de Ameixenda e afectou a 1.300 metros cadrados de superficie arboredo. Por estes feitos, figura como investigada unha persoa e remitiuse o atestado ao xulgado de garda de Santiago. No que vai de ano, a Policía Autonómica leva detidas ou investigadas 49 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.