Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2022 | Actualizada ás 18:39
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Francisco Conde, presentou esta tarde en Monforte o Bono Activa Comercio, un programa ao que, en seis días, sumáronse xa máis de 3.000 comerciantes galegos e cuxos bonos poderán descargarse desde o luns.
Conde visitou a Libraría Agrasar, ademais de Ada Home e Calzados Losal, tres dos establecementos adheridos neste municipio, e lembrou que os bonos poderán descargarse ata o 31 de decembro en www.bonosactivacomercio.gal.
O ano pasado, dentro deste programa, realizáronse en Monforte preto de 2.400 descargas. Na provincia de Lugo mobilizáronse máis de 280.000 euros, con 814 establecementos adheridos e 28.835 beneficiarios
O orzamento que se destina á segunda edición desta iniciativa é de 5 millóns de euros, coa previsión de chegar a mobilizar 17 millóns en compras no comercio de proximidade de toda Galicia.
A principal novidade deste ano é que se amplían os tramos de desconto e os importes, de tal maneira que para compras a partir de 20 euros e inferiores a 30, o desconto será de 5 euros; para compras a partir de 30 e inferiores a 50, será de 10 euros; e para os que superen os 50 euros, o desconto será de 15 euros.
O Bono Activa Comercio ten un dobre obxectivo: por unha banda, busca axudar á economía das familias e aliviar o impacto da inflación na capacidade de gasto dos fogares galegos e, por outro, incentivar as compras no comercio de proximidade en datas crave para a actividade comercial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.