Rueda admite "erros" na xestión do 'Prestige' pero está "orgulloso" das axudas e compensacións que se deron

Cumpriranse 20 anos o próximo 19 de novembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2022 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, admitiu que puido haber "erros" na xestión do afundimento do 'Prestige', do que se cumprirán 20 anos o próximo 19 de novembro.

Cando se produciu o sinistro, no ano 2002, e a marea negra que cubriu as costas galegas, á fronte da Xunta estaba o falecido Manuel Fraga, mentres que o tamén popular José María Aznar dirixía o Goberno central.

Dúas décadas despois, na comparecencia de prensa posterior ao Consello da Xunta, Rueda foi preguntado por cal é a súa percepción actual da xestión do afundimento do 'Prestige' e recoñeceu que se puido cometer "erros", pero tamén considera que se "aprendeu" dos mesmos.

"Estou orgulloso de como se reaccionou coas axudas e compensacións (aos afectados pola marea negra). Creo que iso se fixo ben. E do que se fixo mal, creo que aprendemos todos", resolveu.

Labores de limpeza de chapapote
Labores de limpeza de chapapote | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta