Seguen aumentando os casos covid e as mortes, dúas nas últimas horas

Os casos activos soben a 2.468 e tamén o fan os hospitalizados, ata 169, nove en UCI.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 21/10/2022 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

O número de falecidos con covid elévase en Galicia a 3.929 persoas, tras rexistrarse nas últimas horas dúas novas mortes, dous homes de 79 e 94 anos, un na área sanitaria da Coruña-Cee e outra na de Ferrol. Ambos tiñan patoloxías previas.

Mentres, os casos activos aumentaron ata situarse en 2.468 pacientes (391 máis), segundo últimos datos publicados pola Consellería de Sanidade ata as 18,00 horas do xoves. Fano tamén os hospitalizados, que pasan de 159 a 169, deles nove na Unidade de Coidados Intensivos (UCI).

De acordo coa última actualización, dos casos activos 541 corresponden á área da Coruña, 286 á de Lugo; 424 á de Ourense; 278 á de Pontevedra; 372 á de Vigo; 366 á de Santiago e 198 á de Ferrol. Nas últimas horas, abríronse en Galicia 253 casos, seis menos que en relación aos datos facilitados na xornada anterior. Na área da Coruña, foron 59; na de Ferrol, 18; na de Lugo, 27; na de Ourense, 43; na de Pontevedra, 28; na de Santiago, 32 e na de Vigo, 46.

Do total de pacientes positivos, nove están en UCI e 160 en unidades de hospitalización e 2.299 no domicilio. No caso da Coruña e Cee, son 60 en planta e catro en UCI; na de Ferrol, 17 en planta e na de Lugo-A Mariña-Monforte de Lemos, 13. Na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, 22; na de Pontevedra-O Salnés, 26, tres en UCI, e na de Santiago-Barbanza, 15. Na de Vigo son 12, con dúas en UCI.

Vacinación covid-19 a nenos 11 anos
Vacinación covid-19 a nenos 11 anos | Fonte: ÁLVARO BALLESTEROS - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta