"Edén de relixiosas" nunha orde galega

O arzobispado de Tui-Vigo apartou ao líder de Orden y Mandato de San Miguel Arcángel ante as acusacións sobre a súa "conduta moral". Unha noticia denuncia "práctica sexuais" con elementos da misa. Polo menos dúas famosas conviviron coa orde.

Por M.V. | Vigo | 20/10/2014 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

O Obispado de Tui-Vigo publicou unha comunicación oficial este mes na que detalla a investigación á que foi sometida a Asociación Orden y Mandato de San Miguel Arcángel. Tras a avaliación do "visitador canónico" enviado polo obispo, a Igraxa "aparta cautelarmente das súas funcións" a presidente e fundador, Miguel Rosendo da Silva.

Olalla Oliveros, vestida de Migueliana
Olalla Oliveros, vestida de Migueliana

Cales son as "irregularidades cometidas polo fundador" investigadas en 2012? E cales son "as acusacións sobre sobre a conducta moral do fundador" descritas polo investigador da curia nun informe de marzo de 2014? Segundo informa Pedro Simón en El Mundo citando varias fontes eclesiásticas sen identificar, Rosendo foi acusado por subordinados da Orden de "prácticas sexuais empregando elementos da consagración" e "ritos de curanderismo". O xornalista tamén cita a Begoña M., ex-membro da congregación durante 15 anos, quen asegura que "Miguel montou un edén coas relixiosas (...), sentábase coas raparigas, acariciábaas moito, pasaron cousas daquela". 

O Obispado informa que tras o relevo de Rosendo "un grupo significativo" de membros deuse de baixa, pero que a Asociación sigue adiante, intervida polo Obispado, con 27 membros "exploradores" na Diócese de Tui-Vigo e "4 "Consagradas Miguelianas" (mozas que visten como monxas malia que a Orden en teoría non ten capacidade para isto) que traballan unha residencia xeriátrica en Bustarviejo, na serra de Madrid.

Unha delas, polo menos até a Primavera, era a actriz e modelo viguesa Olalla Oliveros. A contorna da moza recoñeu a Faro que abandonou hai catro anos a súa prometedora carreira influenciada por Miguel Rosendo. Oliveros sinalou nun vídeo do youtube que na súa vida pensara en adicarse á relixión.

Outra moza famosa, Tamara Falcó, tamén realizou un retiro espiritual na Orde, que tiña un centro de semi-clausura en Oia.

Mozos vestidos como frades cos cores da Orden de San Miguel Arcangel //grupodesamiguelarcangel.org
Mozos vestidos como frades cos cores da Orden de San Miguel Arcangel //grupodesamiguelarcangel.org

Miguel Rosendo da Silva, ademais de fundador da Orden, é musico, e editou polo menos dous discos interpretados por "Sandra y Marta", dúas das irmás 'miguelianas'.

Menores uniformados nunha misa da Orde de San Miguel Arcángel
Menores uniformados nunha misa da Orde de San Miguel Arcángel | Fonte: grupodesamiguelarcangel.org
'Miguelianas' de xeonllos ante o fundador da Orden de San Miguel Arcángel Miguel Rosendo
'Miguelianas' de xeonllos ante o fundador da Orden de San Miguel Arcángel Miguel Rosendo | Fonte: grupodesanmiguelarcangel.org
F. Miguel Rosendo nunha imaxe da páxina da Orden /grupodesanmiguelarcangel.org Miguel Rosendo Dasilva /grupodesamiguelarcangel.org
F. Miguel Rosendo nunha imaxe da páxina da Orden /grupodesanmiguelarcangel.org Miguel Rosendo Dasilva /grupodesamiguelarcangel.org
Olalla Oliveros nunha imaxe promocional do seu blog
Olalla Oliveros nunha imaxe promocional do seu blog
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 Xanti

A esta rapaza pillaríana perdida sen rumbo nun momento delicado da súa via e claro, como decir que estaba xeitosa é dicir pouco... O Rosendo iste é un cocho calqueira e quería a ista muller, xunto as demais, para o que as quería... A ver si inda poden facer que estas rapazas volvan en si.

5 Xosemax

Olalla Oliveros tamén sería "Santa da miña devoción". Chámalle burro ao cabalo...

4 eusi

Coma sempre, a igrexa cheira que fede!

3 galegoexiliado

Podendo disfrutar en vida pa qué agardar ó pasamento pa disfrutar das setenta virxes. ¿Dónde hai que apuntarse?

2 votante

Como se a machacan cunha pedra. Tanto da.