O centro loxístico de Correos en Santiago recibe o Premio Nacional á Excelencia da empresa estatal

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/10/2022 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

O centro loxístico de Correos en Santiago de Compostela foi recoñecido esta semana co Premio Nacional á Excelencia 2021 da empresa estatal polos seus bos resultados o pasado ano.

O galardón foi recollido pola responsable do centro, María Dolores Blanco, de man do xerente de Produción de Correos, José Ángel del Río, segundo informa a compañía pública.

O centro de Santiago é un dos 18 que Correos ten no Estado onde se recibe, clasifica e preparan para a súa distribución as cartas e paquetes.

Correos recoñeceu o centro da capital galega ao destacar "polo seu uso eficiente dos seus recursos e o bo labor desempeñado polos seus traballadores e traballadoras".

A responsable do centro loxístico de Santiago de Correos, María Dolores Blanco, recibe de man do xerente de Produción de Correos, José Ángel del Río Tembrás,  o premio de excelencia de 2021
A responsable do centro loxístico de Santiago de Correos, María Dolores Blanco, recibe de man do xerente de Produción de Correos, José Ángel del Río Tembrás, o premio de excelencia de 2021 | Fonte: Correos - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta