Mirta Sueiro, nova directora xeral de Sogama

O último cargo que desempeñou antes da súa incorporación a Sogama foi o de Responsable do Programa de Transformación Dixital "ALFIL", dentro da Dirección Xeral deInfraestruturas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2022 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

Mirta Sueiro é xa a nova directora xeral de Sogama tras substituír no cargo a Isidro García, que cesou por acollerse á xubilación.

O cargo, explica a Xunta nun comunicado, depende orgánicamente da presidencia executiva da compañía que ostenta, desde principios de 2015, Javier Domínguez. Leva asociadas responsabilidades nas áreas técnica, I+D+i, prevención de riscos e recursos humanos.

Sueiro é enxeñeira técnica industrial pola Universidade de Vigo e enxeñeira química pola de Santiago de Compostela, con Premio Extraordinario Fin de Carreira en ambas as titulacións, así como premio ao Mellor Proxecto Final de Carreira.

O seu currículo académico complétase cun Máster de Instrumentación e Control ISA-REPSOL, polo Centro Superior de Formación de Repsol Madrid, e un Máster en Xestión Empresarial pola Universidade Autónoma de Barcelona.

Detallan ademais que conta "cunha dilatada experiencia profesional" en Enagas. O último cargo que desempeñou antes da súa incorporación a Sogama foi o de Responsable do Programa de Transformación Dixital "ALFIL", dentro da Dirección Xeral deInfraestruturas.

Mirta Sueiro, nova directora xeral de Sogama. XUNTA DE GALICIA
Mirta Sueiro, nova directora xeral de Sogama. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta