Un ciclista resulta ferido en Caldas de Reis logo dunha caída mentres circulaba por unha pista forestal

O 112 pasou aviso ao 061, que informou da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela para atender ao paciente con moita brevidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2022 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

Un ciclista resultou ferido en Caldas de Reis tras sufrir unha caída mentres circulaba por unha pista forestal na parroquia de Carracedo.

Segundo informa o 112, foi un particular o que avisou ao servizo do ocorrido ao redor das 11,30 horas, solicitando ademais asistencia médica para o ferido, que perdera o coñecemento.

O 112 pasou aviso ao 061, que informou da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela para atender ao paciente con moita brevidade. A aeronave tomou terra nas proximidades do lugar do accidente poucos minutos despois.

Ademais, tamén os feitos tamén se puxeron en coñecemento dos axentes da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil de Caldas de Reis e Cuntis.

Helicóptero do 061
Helicóptero do 061 | Fonte: CEDIDA - EP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta