Por E.P. | A CORUÑA | 31/10/2022 | Actualizada ás 19:10
A entidade Defensa do Común organizou para este sábado, 5 de novembro unha marcha cívica para reclamar a devolución ao patrimonio público da Casa Cornide, na actualidade propiedade do Franco.
Trátase dunha marcha en demanda da devolución da Casa Cornide ao patrimonio público e que sairá ás 12,00 horas da praza de María Pita en dirección ao inmoble.
Será a terceira ocasión que se celebra e á mesma adheríronse xa 115 entidades, segundo informan os convocantes desta iniciativa nun comunicado.
O lema será 'Que devolvan todo o roubado. Despois do Pazo de Meirás, recuperación para o pobo da Casa Cornide', explican tamén os promotores, que engaden que será unha marcha con carácter lúdico e reivindicativo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.