Por gcdeportes | Lugo | 23/10/2014 | Actualizada ás 12:27
O CD Lugo busca himno e xa ten os tres finalistas do concurso: José Triay López, Iago López Álvarez e Vitaliano de la Cruz Arnaiz. Unha reunión de abonados e accionistas do club lucense escollerá o gañador o vindeiro martes (día 28) no Pazo de Feiras, ás 20.30 horas.
O CD Lugo recibiu 26 proxectos e un xurado formado por conselleiros do club e por Armando Morales, director da Escola Municipal de Música de Lugo, escolleu os tres finalistas.
O club destacou o alto nivel de participación e agradeceu as aportacións que, sosteñen dende o equipo lucense, amosa a implicación e as gañas de axudar da súa masa social. Segundo o xurado, a calidade das pezas presentadas era “notable”.
O compositor do himno gañador obterá 2.000 euros e un diploma acreditativo do club. Ademais, a canción será publicitada na páxina web oficial (cdlugo.com), no xornal oficial Forza Lugo Sport e nas redes sociais do club presidido por José Bouso, así como noutros medios. O club busca un himno, en galego, que sirva para ser cantado no estadio e de paso axudar o equipo a gañar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.