Buscan con drones a un home desaparecido en Vilar de Barrio (Ourense)

O servizo tivo coñecemento da desaparición do home ao mediodía de hoxe

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2022 | Actualizada ás 20:47

Comparte esta noticia

O 112 Galicia participa na procura dun home que desapareceu este sábado en Vilar de Barrio (Ourense), no lugar de Porto.

Segundo informan, a unidade de drones da Axencia Galeag de Emerxencias (Axega) colabora no dispositivo. O servizo tivo coñecemento da desaparición do home ao mediodía de hoxe, a través dun dos seus familiares.

Activouse entón un dispositivo de procura, no que tamén interveñen as agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Vilar de Barrio, Sarreaus, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía e de Maceda, así como os efectivos do GES de Laza e Maceda.

Manexo dun dron de Aerocámaras
Manexo dun dron de Aerocámaras | Fonte: Aerocámaras

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta