Anciáns evacuados dunha residencia da Mezquita regresan esta tarde. A noite da vaga de incendios que afecta a Galicia, especialmente na provincia de Ourense, deixou un balance con varios feridos, evacuacións e confinamentos.
  comenta   0
Toda a provincia de Ourense permanece no nivel 2 de emerxencia, onde 12 lumes aínda sen extinguir calcinan máis de 5.100 hectáreas.
  comenta   0
O Macizo Central ourensán, un dos enclaves de maior valor ecolóxico de Galicia, vive unha traxedia repetida ano tras ano: milleiros de hectáreas arrasadas, concellos enteiros sinalados pola reincidencia dos lumes, prácticas preventivas cuestionadas e un abandono estrutural que converte a biodiversidade en cinza mentres as políticas públicas seguen sen frear unha devastación anunciada.
  comenta   0
Catro incendios queiman xa 3.700 hectáreas desta comarca co de Chandreixa como o máis perigoso, con 3.000 hectáreas. Decretada a alerta por proximidade no lume de Vilardevós, aínda que a alcaldesa indica que non hai perigo para os veciños.
  comenta   0
O lume de Maceda puido ser intencionado, tal e como detallaron a alcaldesa da localidade e a Consellería de Medio Rural, xa que foi iniciado en entre cinco e seis focos simultáneos e durante a noite.
  comenta   0
Segundo informa o 112 Galicia, un particular alertaba sobre as 10.55 horas da mañá deste xoves sobre este accidente no quilómetro 5 da OU-104 e indicaba que podía haber persoas feridas.
  comenta   0
Segundo confirmaron fontes do Instituto Armado, o caso está en fase inicial e, polo momento, non pode catalogarse formalmente como un secuestro.
  comenta   0
O GC continúa a semana grande do Entroido coñecendo as figuras do Entroido de Carguizoi da man de Manuel, o 'alcalde' da aldea, así nomeado de broma polos veciños, que nos conta as novidades deste ano, no que ademais de Felo e Fiadeiro houbo tamén a representación do Reinado.
  comenta   0
Nove entroidos están declarados de interese galego. Chantada acolle este domingo unha reunión de entroidos lucenses e ourensáns.
  comenta   0
A Garda Civil atopou no rexistro domiciliario 152 gramos de cocaína, 14 papelinas de drogas preparadas para a venda, dous teléfonos móbiles, dúas básculas de precisión e diversos útiles para a elaboración e embalaxe da droga.
  comenta   0
Por número de incidencias detectadas nos últimos cinco anos serían O Pereiro, na Mezquita; Cures, en Boiro; e O Tameirón, na Gudiña. Por número de hectáreas arrasadas na última década serían Camba, en Laza; A Xironda, en Cualedro; e Mourentán, en Arbo.
  comenta   0
O candidato do PSdeG ás eleccións europeas, Nicolás González Casares, reivindicou aos socialistas como o "muro de contención" fronte á dereita que "se mimetiza coa ultradereita" e apostou por un PSOE que defende unha Europa "social, xusta e solidaria".
  comenta   0
A Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal), que presentou alegacións contra o proxecto, valorou que este "é un paso importante para evitar a destrución da Serra de San Mamede" e "do conxunto do Macizo Central".
  comenta   0