Investigan os donos de tres cans que lle produciron lesións graves a unha muller en Maceda

A Garda Civil tamén investiga unha veciña de Cualedro por unha denuncia falsa

Por E.P. | OURENSE | 08/05/2025 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil de Ourense tomou declaración en calidade de investigados aos donos de tres cans que atacaron a unha muller en Maceda, causándolle lesións.

Segundo informou a Comandancia de Ourense, os feitos ocorreron o pasado 20 de abril en Foncuberta, onde unha veciña de Áraba que paseaba pola localidade sufriu un ataque por parte de tres cans na vía pública, e acabou con lesións graves, polas que tivo que estar hospitalizada unha semana.

Os animais eran un can de raza American Staffordshire Terrier e dous de raza Mastín Español que eran propiedade dos investigados, carecendo no primeiro caso de licenza para a tenencia de cans potencialmente perigosos.

Ante estes feitos, e en virtude da lei de protección e benestar de animais de compañía, acordouse polo Servizo Provincial de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a medida provisional de retirada do tres cans e a súa posta a disposición da canceira correspondente, onde foron illados por un período mínimo de 15 días para seguimento facultativo veterinario de posibles enfermidades infectocontagiosas.

Os propietarios están investigados como autores dun posible delito de lesións por imprudencia.

DENUNCIA FALSA

Por outra banda, a Garda Civil tamén informou de que investiga a unha veciña de Cualedro como presunta autora dunha denuncia falsa. Así, a muller denunciou a un veciño por forzar a porta e a xanela da súa vivenda, para acceder ao interior, apropiarse de xoias por valor de 500 euros e causar un incendio.

Os feitos, segundo trasladou a Comandancia, "demostráronse manifestamente falsos", polo que agora a denunciante está a ser investigada.

Imaxe dun vehículo do Seprona da Garda Civil
Imaxe dun vehículo do Seprona da Garda Civil | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta