A Xunta convoca unha oferta de emprego "extraordinaria" de acceso libre para Seaga, Xesgalicia e outros entes

Di que o recolle na lei de orzamentos da Xunta para "reforzar", entre outras cuestións, a xestión de fondos europeos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2022 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

O Goberno galego impulsará unha oferta de emprego público (OEP) extraordinaria e "complementaria" á ordinaria de 2022 que contempla un total de 84 prazas de acceso libre.

O groso destas prazas --un total de 58-- resérvanse para a Empresa Pública de Servizos Agrarios (Seaga), nove para Xesgalicia, oito para Protos de Galicia, seis para Galaria e tres para a Sociedade Pública de Investimentos (SPI).

Así o trasladou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na comparecencia ante os medios posterior á reunión semanal do seu Executivo. Nela, explicou que a lei de orzamentos recolle a posibilidade excepcional de ofertar prazas para cubrir as necesidades en novos servizos que se poñan en marcha.

Así, as novas prazas desta oferta de emprego irán ligadas a novos servizos e tamén para "reforzar" a xestión de fondos europeos. É, recalcou o xefe do Executivo, unha OEP "extraordinaria, independente e complementaria" á ordinaria que se aprobará antes de fin de ano e cuxas prazas nas diferentes áreas xa se avanzaron.

Reunión semanal do Consello da Xunta
Reunión semanal do Consello da Xunta | Fonte: DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta