Deteñen en Pontevedra a un xoven buscado na Polinesia Francesa por tráfico de drogas

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 18/11/2022 | Actualizada ás 16:46

Comparte esta noticia

A Policía Nacional localizou e detivo en Pontevedra a un mozo de 28 anos, de nacionalidade española, que estaba en procura e captura por diferentes delitos de tráfico de estupefacientes na Polinesia Francesa.

Segundo informa a Comisaría Provincial, a orde de procura internacional foi comunicada ao seu Grupo de Delitos contra as Persoas por parte da Policía Xudicial, porque había indicios da súa posible localización actual en dúas poboacións pontevedresas.

Por mor da información recibida, os axentes iniciaron unha serie de comprobacións e vixilancias que concluíron coa localización do actual domicilio do fuxitivo, coa súa consecuente detención.

O mozo foi trasladado á Comisaría de Pontevedra para a tramitación das correspondentes dilixencias remitidas aos Xulgados Centrais de Instrución da Audiencia Nacional. Alí foi derivado posteriormente, custodiado por axentes adscritos á Brigada Provincial de Policía Xudicial.

Fuxitivo internacional detido
Fuxitivo internacional detido | Fonte: Policía Nacional

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta