Aínda quedan 23.000 'Bonos Corazón' por emitirse para gastar nos comercios compostelás

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2022 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asegurou que os 'Bonos Corazón' van "moi ben" e que actualmente suman máis de 19.000 expedicións pero que aínda quedan 23.000 para emitirse.

Así o sinalou en rolda de prensa este venres, na que ademais, apuntou que actualmente hai adheridos 535 establecementos, 464 comercios e 71 negocios de hostalería.

Con estas cifras, subliñou que en comercios o éxito é "practicamente total" xa que o número de establecementos inscritos "supera os datos que había o ano pasado".

No que respecta a hostalaría lamentou que "non hai un entusiasmo parecido" que xa pasou o ano anterior, pero que seguramente é porque teñan "menos práctica".

Desta forma e ante as datas que veñen, Bugallo fixo un chamamento á poboación para que se animen a solicitar a axuda que ten como obxectivo captar clientela nova que é a que "máis se afastou do comercio local".

Bonos Corazón Compostela
Bonos Corazón Compostela | Fonte: Concello de Santiago

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta