Forga acusa a La Voz de Galicia de “enmerdar” coas informacións sobre a Operación Zeta

Denuncia que o xornal coruñés “mestura intencionadamente” a xestión da Forga coas irregularidades desta trama de corrupción e anuncia que o seu padroado se reunirá para “tomar as medidas precisas en defensa da honorabilidade da fundación”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/11/2014 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

“Infórmate sobre que hai de verdade e que hai de intoxicación na nova publicada”. Así comeza unha  mensaxe que o Forga, a fundación de formación vinculada á CIG, lle remitiu a numerosas persoas vía correo electrónico durante este martes.

Pantallazo da web do Forga no que se alude directamente ás manipulacións de La Voz de Galicia
Pantallazo da web do Forga no que se alude directamente ás manipulacións de La Voz de Galicia

Esta entidade critica duramente unha información publicada por La Voz de Galicia na que apunta  que en 5 cursos realizados en 2010 tivo 32 anomalías (gastos que no se corresponden co período de impartición ou sen relación algunha coa actividade, aluqueiro de instalacións ao propio sindicato...). 

“Non é a primeira vez que este medio de comunicación se presta a facer o xogo a quen lle insufla inxentes cantidades de financiamento, publicando medias verdades, revoltas con falsidades, co obxecto de despistar a atención pública das irregularidades cometidas por aqueles que os patrocinan; como acontece no caso que nos ocupa”, apunta o Forga en relación a relación que mantén o xornal coruñés coa Xunta, a quen nos últimos anos ten destinado millóns de euros.

Así, critica que este medio “mesture” as anomalías administrativas, detectadas polo Consello de Contas na xestión de diversos cursos, coas imputacións penais realizadas aos encausados na operación Zeta. “Isto non pode ser cualificado mais que de operación de enmerdamento de todo o que se move, dirixida a distraer, tender cortiñas de fume e lavar a cara aos protagonistas da trama zeta, que curiosamente manteñen fondas relacións co Partido Popular”, engade.

Neste sentido, esta entidade suliña que as anomalías detectadas polo Consello de Contas de Galicia na súa fiscalización de subvencións, poden ir dende a ausencia na porta dunha aula do cartaz do Fondo Social Europeo, deica a discrepancia sobre a interpretación das normas da convocatoria. “Tais anomalías son puramente administrativas e, como en calquera outra actividade, tras a súa detección procédese a corrixilas ou a impugnalas, no suposto de desconformidade”, engade. 

En todo caso, insiste que se o Consello de Contas advertise algún tipo de indicio de responsabilidade tería que dar traslado ás partes e ao Tribunal de Contas, “cuestión que non se fixo”, puntualiza. 

Por iso, insiste en que La Voz de Galicia pretende “enmascarar e confundir”. Así, na súa web, esta entidade publica 3 documentos que, di, “revelan a intencionalidade da noticia do xornal coruñés que, de certo, será analizada polo Padroado da forGA, co obxecto de tomar as medidas precisas en defensa da honorabilidade da nosa fundación”. Ademais, anuncia que, nos próximos días, informará sobre as decisións que tome o Padroado da fundación en defensa dos seus intereses.

Nos últimos días, La Voz de Galicia ven informando das tramas da Operación Zeta pero sen desvelar ningunha parte do sumario, contrariamente ao que ten feito con outros casos, a pesares de dispoñer dos tomos, como se desprende de varias informacións que ten publicado. Ademais ten entrevistado a destacados dirixentes da Xunta e do PPdeG, como a conselleira Beatriz Mato, na que se exculpaban do acontecido.

No sumario, e tal e como ten desvelado GC en varias informacións, hai unha relación directa entre os principais implicados da trama e destacados dirixentes  do PP da Coruña (onde ten a sede o xornal de Santiago Rey), entre eles, Beatriz Mato, o rexedor desta cidade, Carlos Negreira; o ou presidente do Consello do Estado, Romay Beccaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

13 politoloco

O que non dou entendido eu é como sendo a CIG tan vendida, tan corrupta e tan mantida e tan e tan e tan... non medra máis certo sindicatiño cutre que seica es lo más de lo más de lo más puro...

1 clientelismo sindical

Se facemos a equivalenza, resulta que sendo o PPSOE tan corrupto e sabido pola sociedade, o BNG non progresa e vai para a marxinalidade. Se cadra a rede clientelar exxplica os resultados de CC OO, UGT e CIG: cursos, liberados, locais, avogados e asesoria barata, chiringuitos paralelos, fundacions, prensa... Dificil competir. A prova definitiva: cantos afiliados da CIG, sindicato presuntamente de esquerdas, votan PP, e din que nacionalista galego mentras falan castelan e gozan coa seleccion española. Si, a CIG ten moitos clientes e alguns amamantados e moi poucos concienzados. Claro que estando subvencionada por España o normal ben sendo que obedeza a quen lle paga.

2 politoloco

Oes, e todo isto pensáchelo ti só ou explicároncho nos cursos de "formación" do sindicatiño cutre?

12 Difamadecansraibosos

Arteijo Artasio e fartura na defensa de La Voz de la Galicia Confidencial contra o primeiro sindicato da Galiza, con máis afiliación que calqueira dos partidos político, unha importante caixa de resistencia para defender, económicamente, o dereito á greve dos traballadores galegos de nación e de conciencia. E si, un importante patrimonio inmaterial e material como as greves xerais, os edificios, as publicación, o mellor bufete de advogados do país e entre os primeiros do estado. Non denunciaches aínda por corrupción as escolas financiadas polos emigrantes e os fermosos edificios. Sodes lobos que saben a quen oubear e a quen non.

11 Arteixo sempre

Pois vale, uns polos insultos, outros por descalificacións, pero de verdade que ninguén ten un mínimo de sensibilidade co listaxe amosado??? eses importes sexan de mercado ou catastrais son tremendos. A veracidade, a vinculación ou non cos cursos, ou a súa procedencia debería ser chamativo. Eu coido que da cota de afiliado non pode sair tanta propiedade, mais deducindo que a CIG que terá?? 15 ou 18 anos?? pois si, a min poñenseme como escarpias, sintoo polos que estedes de unha maneira ou outra perto do sindicalismo nacionalista, pero de ser certo esas citacións, pode ser unha estacada forte, moi forte. En fin, sorte e saúde como se soe dicir. Certo será tamen que si este sistema 'irregular' pasou na CIG nin pensar nos de UXT e CCOO, so sea por porcentualidade de repartos.

10 Ben-cho-sabemos

Xa que algún parranchín da listaxe do patrimonio da CIG, por que non dá tamén os nomes dos que cobraron como profesores ou liberados da FORGA ou FESGA e, sobre todo, os profesores de instituto (xefeciños da UPG) liberados, con cartos de todos nós, como mandamases en FORGA. Así se verán as concidencias con tantos que engrosaron as listas do BNG, plataformas upegallas, medios de comunicación do partido, etc

9 bautista do unto

Desde que mermaron os ingresos dos cursos da Forga, na CIG xa hai liberados que teñen os dias de mamandurria contados e van ter que ir buscar traballo xa que o chollo vaiselles acabar. Acabouse ler o As e o Marca e troulear nos foros

1 para unto o do porco

Non sei se o teu é que eres bobo ou simplemente un miserable, pero xa cansas. Debías limpar a boca antes de falar, merdán!

2 comunista independentista

Pola reacción do troll liberado, deches no cravo. Non te metas coa súa comida... nin coa súa bebida.

3 bautista do unto

Anda vai ler o Marca

4 para unto o do porco

Sonche máis do Faro, que sae Ferrin, ese patriota...