Sergas di que "asume os picos de demanda" tras rexistrar un 63% máis de infeccións respiratorias en nenos

A xerente recoñece "inconvenientes" na citación por SMS para acudir ao especialista, polo que verán que "se pode mellorar".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2022 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

A xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas), Estrela López-Pardo, situou no 63% o incremento de infeccións respiratorias en idade infantil con respecto ao ano pasado, pero os ingresos "mantéñense nunha taxa normal".

En declaracións aos medios este mércores nunha xornada na Consellería de Sanidade, en Santiago, confirmou que "efectivamente hai un aumento de urxencias" nesta idade debido a que estes virus respiratorias circulan con "máis intensidade" por mor da pandemia, que illou máis aos nenos e agora "están máis susceptibles" de padecer este tipo de infeccións.

Así, detallou que, aínda que hai un incremento, os ingresos mantéñense nunha taxa normal, "mesmo por baixo dos esperado". En referencia ás urxencias, remarcou que "están por encima do normal" pero "afortunadamente están debidamente dimensionadas" para "asumir picos de demanda", polo que "non hai ningún problema" para atender á poboación infantil.

APLICACIÓN DE CITAS DO SERGAS

Por outra banda, López-Pardo, preguntada polos medios, sobre o sistema de citación do Sergas a través dun SMS aos pacientes sen que poidan acordar a súa cita co especialista, o que leva a que algúns non poida acudir, avanzou que "están a revisar ese sistema".

"A citación é complexa. Nós facemos unha notificación por SMS co fin de axilizar as citas e efectivamente ten outros inconvenientes", recoñeceu. Con todo puntualizou que esta forma de notificación "non funciona en todas as áreas" e verán que "se pode mellorar".

Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta