Relación cos municipios, colapso da Atención Primaria ou delito de sedición marcarán o primeiro pleno de decembro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2022 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

A sesión de control do primeiro pleno de decembro, que se celebrará os próximos xoves e venres, abordará asuntos de cohesión social e de intereses da Comunidade en materia de enerxía, xa que sobre iso preguntarán, respectivamente, o portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, e a líder do BNG, Ana Pontón, ao presidente galego, Alfonso Rueda.

No pleno, así mesmo, comparecerá o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, a petición propia, para informar das liñas xerais de actaución do seu departamento.

Entre outras cuestións, abordará a relación cos municipios, nun escenario no que a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) esgrimiu un informe que reflicte que as entidades locais afrontan servizos sen un financiamento adecuado

As interpelacións e as preguntas das sesións que albergará o Parlamento autonómico estarán marcadas tamén por outros asuntos de actualidade.

Así, os conselleiros do ramo terán que responder, entre outras cuestións, interpelados pola oposición, sobre a política do Goberno respecto da Atención Primaria no sistema sanitario ou a atención pediátrica na área sanitaria de Vigo, ou a crise de prezos.

Os populares tamén preguntarán, por exemplo, sobre as prioridades de Galicia con respecto á modificación da actual planificación eléctrica ou a valoración que fai o Goberno galego do funcionamento do servizo de Oncohematoloxía no Hospital Público da Mariña lucense. E no apartado de iniciativas de impulso, inclúen unha proposta para que non leve a cabo ningunha modificación do Código penal que supoña derrogar o delito de sedición.

O Parlamento galego nunha sesión plenaria
O Parlamento galego nunha sesión plenaria | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta