Os concellos quéixanse por recadar a taxa de residuos e avisan que é un canon das comunidades autónomas

A conselleira de Medio Ambiente apela a unha xestión de residuos "eficiente" e "responsable".

Por E.P. | Málaga | 29/11/2022 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

O presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, advertiu este martes que son os concellos os que están a recadar a taxa de residuos, no canto dos Gobernos autonómicos ao tratarse dun canon das comunidades autónomas.

O alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero
O alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero | Fonte: Europa Press

"A norma está mal enfocada nesta dirección; os municipios non somos os recadadores das taxas das comunidades autónomas", proclamou Abel Caballero durante a reunión da Xunta de Goberno da FEMP, que se reuniu este martes en Estepona (Málaga).

Neste contexto, o tamén alcalde de Vigo avisou de que se está falando de "cifras significativas" por recadar unha taxa que deberían percibir as Administracións autonómicas.

Así mesmo, a FEMP acordou expor a presenza das entidades locais nas decisións e na asignación dos fondos europeos do período 2022-2027, especialmente no FEDER, que se asignan directamente ás comunidades autónomas.

A federación municipalista tamén mantén a súa petición de reunión coa Ministra de Facenda, María Jesús Montero, para abodar cuestións como o fondo de transporte de 2021; o Fondo COVID; e plusvalías, onde está aínda pendente a tramitación parlamentaria que adapte este tributo local ás sentenzas do Constitucional.

XUNTA

Por outra banda, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, apelou a unha xestión de residuos "eficiente e responsable", destacando a actuación da Xunta neste ámbito, co obxectivo de avanzar cara a unha economía circular.

Fíxoo durante a súa intervención na inauguración das xornadas de formación da Asociación de Empresas de Recuperación e Selección de Envases de Residuos Municipais (ASPLARSEM).

Nesa liña, Vázquez fixo fincapé en que xa no ano 2019 o Goberno galego aprobou a Estratexia de Economía Circular 2020-2030, que se basea no criterio multierre e que inclúe políticas xerais que involucran a todos os departamentos da Xunta de Galicia.

A maiores, puxo en valor a aprobación da Lei galega de residuos e economía circular en 2021, "unha normativa moderna que pivota sobre a economía circular e que incorpora os maiores estándares presentes nas directivas europeas sobre esta materia".

Tamén destacou o traballo en Sogama, un modelo, expuxo, de "referencia" en España e Europa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta