A declaración de impacto ambiental do parque eólico de Monte Festeiros pide protección para o mosteiro de Aciveiro

Tamén deberase manter unha franxa de vexetación autóctona no seu perímetro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2022 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

A declaración de impacto ambiental do parque eólico de Monte Festeiros, que afecta os concellos de Silleda e Forcarei, ambos na provincia de Pontevedra, inclúe a necesidade de tomar medidas específicas de integración e protección na contorna do mosteiro de Aciveiro.

O estudo fíxose sobre a instalación dun parque eólico promovido por Monte Festeiros SL, de 48 megawatts de potencia total distribuídos en 10 aeroxeradores de ata 5,6 megawatts de potencia nominal.

Así, o Instituto de Estudos do Territorio (IET) sinala, en canto á integración paisaxística, e en concreto coas barreiras vexetais, que se deberá estudar necesariamente a localización na contorna do mosteiro e proximidades "para reducir a incidencia visual dos aeroxeradores". Ademais, sinala que se emplearán preferentemente especies autóctonas da contorna.

No mesmo epígrafe, recóllese que para reducir a incidencia visual da subestación, deberase manter unha franxa de vexetación autóctona no seu perímetro.

SAÚDE HUMANA

Pola súa banda, en canto á posible afección do proxecto sobre a poboación e a saúde humana en relación co efecto parpadeo de sombras (shadow flicker) durante a fase de funcionamento do parque e, en consonancia co recolleito na documentación, nos potenciais receptores non se poderá superar as 30 horas por ano de exposición.

Respecto diso, engade que se deberán adoptar as medidas mitigadoras oportunas (por exemplo, a instalación de barreiras ou pantallas) ou programar paradas temporais se se supera o limiar recomendado.

SEGUNDA PUBLICACIÓN

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou na súa edición deste martes a declaración de impacto ambiental que avala o parque de Monte Festeiros.

O estudo de avaliación ambiental do parque é un dos afectados pola sentenza 18/2022 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), en contra da aplicación da disposición da Xunta que reducía a 15 días o trámite de exposición pública (fronte aos 30 como mínimo que estima Europa).

Aeroxeradores do Parque eólico de Tronceda, na Serra do Xistral, na comarca de Terra Cha,  en Mondoñedo, en Lugo
Aeroxeradores do Parque eólico de Tronceda, na Serra do Xistral, na comarca de Terra Cha, en Mondoñedo, en Lugo | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Nespreira

Este sistema que "temos" montado e pagado cos nosos cartos non ten desperdicio: o Plano sectorial está elaborado baixo a "dirección técnica" da Cámara Mineira, representante do empresariado (léase lobby mineiro). E para que a estes señores lles saia gratis a xogada pagamos entre todos con unha subvención de 153.608,80 o documento empresarial que a Xunta (¡lóxicamente!) fai seu. No enlace pode verse a onesión dos cartos http://www.xunta.es/dog/Publicados/... ¡Xenial! ¿non?

2 androide david

anda que sogama e a telegaita funcionan de coidado e son capitalistas tamén son de estado capitalista. Xa esta ben de propaganda corruPPtora e Vieirista, esto e vieirismo desviacionismo, antinacionalismo e capitalismo derechista, non se enteran de nada SOGAMA menuda banda de estafadores, non queiman o lixo o teñen soterrado con decenas de metros de lixo e mais lixo, si o queimasen xa estarian arruinados. da telegaita mellor non falar da noxo e arrepio eu xa nin vexo os teleñecos de frijoles e o awuelete vieiras

1 Crugman

Hai que acabar con tódalas empresas capitalistas. As mineiras, Pescanova, Barreras, Audasa... son o cancro de Galiza. Que as pechen dunha p. vez ou pasen a ser públicas, como a TVG ou Sogama. Xa está ben de explotar os nosos recursos a aos traballadores.