Tres homes detidos en Santiago despois de atracar un supermercado en Cacheiras

Os detidos pasaron a disposición xudicial. A maxistrada do xulgado de instrución de garda de Santiago de Compostela decretou o ingreso en prisión preventiva de dous do tres detidos e a posta en liberdade, con cargos, do terceiro dos implicados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2022 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo a tres homes na área de Santiago de Compostela por un atraco a un supermercado na localidade de Cacheiras (Teo), onde supostamente utilizaran un arma de fogo e un dispositivo de descargas eléctricas.

As detencións realizáronse no marco da Operación Montdia, dirixida polo Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Santiago de Compostela, nunha investigación realizada de maneira conxunta coa área de Investigación da Delincuencia do Posto Principal da Garda Civil de Milladoiro.

Tras as investigaciónes realizadas, lograron identificar o tres homes, residentes en Santiago de Compostela e as súas inmediacións, que contaban con antecedentes por feitos de natureza similar. Un deles  vivía nas inmediacións do supermercado e deu cobertura aos dous autores materiais do atraco.

Tras proceder á detención deste individuo e tras a práctica dun rexistro domiciliario, autorizado polo Xulgado de Instrución nº 1 de Santiago de Compostela --de garda e a cargo das investigacións--, os axentes localizaron as armas empregadas na comisión do feito delituoso, así como outras de características similares que gardaba en casa o detido.

A continuación, identificaron os autores materiais, dous homes residentes en Santiago de Compostela e Brión. Practicaron ademais un novo rexistro nun dos domicilios, onde foi localizada lavestimenta empregada no feito delituoso.

Os detidos pasaron a disposición xudicial. A maxistrada do xulgado de instrución de garda de Santiago de Compostela decretou o ingreso en prisión preventiva de dous do tres detidos e a posta en liberdade, con cargos, do terceiro dos implicados.

Axente da Garda Civil
Axente da Garda Civil | Fonte: Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Gamela

levamos varios meses enviando información a En Marea sen resposta algunha, sobre o negocio que OHL ten na EDAR de Vigo, 180 millóns dos que ninguén coñece os RESULTADOS. Quixeramos coñecer os índices de depuración-contaminación desta nova megaconstrucción da que depende o saneamento da Ría de Vigo, pero polo que se ve ninguén sabe nada, ninguén coñece estes índices nin por suposto a que organismo cómpre dirixirse para coñecelos. Augas de Galicia mantén unha oscura relación co ACUAES que fai imposible unha mínima TRANSPARECIA neste asunto. Mesmo nos puxemos en contacto cun Departamento de Química da USC que segundo parece ía visitar a EDAR o mes pasado pero que non publica resultado algún e mesmo se nos responde que as CERTIFICACIÓNS dependen de Augas de Galicia.

1 Gamela

Así pois esta roda infernal de burocracia oculta deliberadamente coñecer se os 180 millóns gastados serviron para algo máis que financiar a OHL ou se serviron para mellorar a calidade mediambiental da Ría de Vigo. Se pagamos o canon de saneamento deberamos coñecer se efectivamente estamos SANEANDO ou "enmerdando" aínda máis as nosas rías... Tampouco o Instituto Oceanográfico sabe nada destas Certificacións! Mira que temos Institucións Medioambientais... pero cando se lles pregunta algo tan sinxelo como canta "merda" seguimos botando á ría.... ninguén sabe nada. https://flic.kr/p/QpAGAj

1 xustiza revolucionaria

Expropiar.... non .... incautación revolucionaria SI... non lle dean un euro mais... liquiden o dereitismo... non teñan pieade os expañolentos non teñen dereito a nada, porcos-ladrons-imperialistas-