Os cabalos salvaxes vense afectados pola división dos montes en parcelas pechadas, o que ameaza a biodiversidade

Así o determina un traballo de investigadores galegos publicado na revista 'Biodiversity and Conservation'

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 01/12/2022 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

O cambio no manexo tradicional dos cabalos salvaxes ameaza a biodiversidade do monte en Galicia, segundo un traballo de investigadores galegos publicado na revista 'Biodiversity and Conservation'.

O artigo científico, asinado polos investigadores do grupo Biocost da Universidade da Coruña (UDC) Laura Lagos e Jaime Fagúndez, conclúe que son indispensables para a biodiversidade das montañas de Galicia.

Ademais, alértase de que a desaparición do manexo tradicional das mandas de 'bestas' nos montes galegos podería causar un impacto ambiental de "gran magnitude".

A división dos montes en parcelas pechadas, a plantación de pradarías e novas formas de manexo como a rotación "están a alterar o comportamento natural destes herbívoros que viven libres no monte e que, coa súa dieta, facilitan a supervivencia de especies vexetais sensibles", apuntan.

O traballo dos investigadores sobre o impacto ambiental nos hábitats que causa o cambio de manexo dos equinos tomou como referencia mandas que habitan en O Xistral, en Lugo, e en Sabucedo, en Pontevedra.

Cabalos salvaxes
Cabalos salvaxes | Fonte: Lupa Comunicación

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta