Declaran nulo o despido de 672 persoas en Atento

A Audiencia Nacional entende que se vulnerou a liberdade sindical dos sindicatos que non aceptaron o ERE ( STC, USO e CIG) tras organizar os sindicatos con maioría no Comité de Empresa (CCOO, UXT e FASGA) un referendo no que non puideron participar.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/11/2014 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

Un ERE declarado nulo e 672 persoas que terán que ser reincorporadas no seu antigo posto de traballo. Iso é o que lle acontece aos traballadores de Atento, cuxo Expediente de Regulación de Emprego, acaba de ser anulado pola Sala do Social da Audiencia Nacional, aínda que contra esta sentenza cabe recurso ante o Tribunal Supremo.

Manifestación das teleoperadoras de Atento na Coruña
Manifestación das teleoperadoras de Atento na Coruña | Fonte: CGT twitter

Este xulgado ordenou a readmisión dos 672 traballadores afectados e o pago dos salarios de tramitación desde a data da baixa até a súa reincorporación. Entende esta sala que a suspensión do despedimento colectivo prodúcese pola vulneración do dereito á liberdade sindical dos sindicatos que non aceptaron o ERE (STC, USO e CIG) durante o referendo que organizaron outros sindicatos (CCOO, UXT e FASGA).

Os feitos remóntanse ao pasado verán, cando a empresa de telecomunicacións Atento presentou un ERE para máis de 800 traballadores -49 na Coruña-, cifra que baixou a 672 durante a negociación do mesmo.

Durante os primeiros días de agosto os sindicatos que apoiaban o ERE (CCOO, UXT e FASGA) someteron a votación entre os empregados o acordo coa empresa, proceso que cuestiona a Audiencia Nacional. Segundo sinala o órgano xudicial, os sindicatos asinantes poderían pechar o proceso do ERE por si mesmos xa que tiñan as maiorías necesarias no comité de empresa, pero decidiron desprazar a decisión aos empregados afectados.

Con iso abriron de forma voluntaria "un novo espazo de controversia sindical" cos sindicatos que se opuñan ao acordo. Durante o proceso, STC, USO e CIG non recibiron o censo de votantes nin explicacións sobre a composición das mesas electorais nin do sistema de votación e tampouco puideron participar nas votacións e o reconto, indica a Audiencia.

Esta actitude supón "unha vulneración frontal do seu dereito á liberdade sindical", segundo apunta a sentenza, xa que non puideron influír efectivamente "nunha decisión que afectaba os seus afiliados, así como ao resto de traballadores" incluídos no despedimento colectivo.

A Audiencia tamén chama a atención sobre o "insólito censo electoral utilizado", xa que a votación era sobre o pactado entre a empresa e os sindicatos asinantes, que afectaba a 672 traballadores, aínda que se a votación non saía adiante o despedimento afectaría a 826 empregados. Todo o proceso á hora de votar supuxo que o resultado do referendo quede "absolutamente cuestionado, ao non asegurarse as mínimas garantías democráticas", engade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Xenofobia de palleiro

E logo, famoso spidercan, defensor dos labregos contra o ataque pijo-progre-sudaca-coruñés -cxtista, que pito toca a CGT, organización anarcosindicalista española coa traición de CCOO e UGT aos traballadores de ATENTO? Trata de preguntarlle ao malvado arxentino anti labrego se coñece a un psicoanalista que che poda votar unha man.

1 Spidercan

Eu cada vez que vexo bandeiras da CGT dame noxo. Conhecín a dous afiliados. Eran os tipos máis pijo-progres que vín na vida. Se cadra, foi por casualidade. Pero deixoume unha impronta a CGT con eses individuos...Lembro hai moitos anos que cando foi a dictadura e posterior xenocidio na Arxentina, moitos arxentinos vinheron a viver aquí. Un día na Corunha ún deles dixo a unha corunhesa pijo-progre medio hippie o seguinte: Cada ún nos nosos países temos que aturar o noso. Alí tinhamos aos asasinos militares e aquí tendes aos labregos que dan vergonha. A pijo-progre-hippie dixo que era iso era certo. Cada país tinha as súas vergonhas. Eu daquelas tinha uns 13 anos. Pero eses da CGT que conhecín, fíxéronme lembrar aos pijo-progres-hippies de hai moitos anos.