Cinco empresas optan a redactar o proxecto para 54 vivendas públicas en Valdecorvos

A Xunta recibiu ofertas para a construción de vivenda protexida en terreo municipal cedido polo Concello de Pontevedra

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2025 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal), vén de recibir cinco propostas de empresas interesadas na redacción do proxecto básico e de execución, así como na dirección de obra, para a construción de 54 vivendas de promoción pública en Pontevedra. A actuación enmárcase nun proxecto de maior envergadura impulsado pola Xunta en colaboración co Concello.

Dous obreiros traballan na construción dun edificio, a 6 de xullo de 2020. Marta Fernández Xara
Dous obreiros traballan na construción dun edificio, a 6 de xullo de 2020. Marta Fernández Xara | Fonte: Europa Press

As futuras vivendas levantaríanse nunha parcela de 3.220 metros cadrados, identificada como P19 do Polígono B1 de Valdecorvos, con acceso pola cálea Prado Novo, número 4. O contrato licitouse por un importe de 447.715 euros, segundo informou a administración autonómica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta