Máis de 175.000 desprazamentos polas estradas galegas nesta ponte

As autovías e autopistas serán os puntos máis conflictivos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2022 | Actualizada ás 11:08

Comparte esta noticia

A Dirección General de Tráfico (DGT) prevé máis de 175.500 desprazamentos na rede viaria galega e doutras zonas do noroeste español, durante a operación especial da ponte de decembro, que comeza este venres e esténdese ata o vindeiro domingo.

Segundo sinalou a DGT nun comunicado, espérase que as estradas galegas rexistren un 13% dos 13,5 millóns de desprazamentos previstos en España durante a operación especial de tráfico.

O dispositivo especial ponse en marcha este venres 2 de decembro ás 15,00 horas e ata a medianoite do domingo 11 de decembro, con motivo das festividades de ámbito estatal da Constitución e da Inmaculada.

Así, a DGT sinalou como vías máis afectas por intensidade de tráfico en Galicia na autoestrada AP-9 e nas autovías A-6, A-8, A-52 e A-55. Tamén se espera tráfico intenso na nacional N-550.

Por este motivo, a DGT preparou un operativo especial que inclúe medidas de regulación, ordenación e vixilancia que garantan a mobilidade e a fluidez nas estradas e, ao mesmo tempo, velen pola seguridade viaria.

Imaxe de arquivo dunha operación especial de tráfico
Imaxe de arquivo dunha operación especial de tráfico | Fonte: Gustavo Valente - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta