Lalín abre unha exposición sobre Laxeiro, que "levou o nome de Lalín a intitucións culturais de Madrid e París"

"'Acción Laxeiro' é unha mostra diferente ao permitir velo en directo", din desde a organización da mostra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2022 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou este sábado en Lalín na inauguración da exposición 'Acción Laxeiro', organizada pola Real Academia de Belas Artes en colaboración coa Xunta e o Concello e incluída nos actos de celebración do Día dás Artes Galegas.

Rodríguez destacou a importancia de todas as actividades realizdas no marco da programación especial Ano Laxeiro ao conseguir divulgar o "excelente traballo de Laxeiro" e contribuír a "levar o nome de Lalín, como berce dalgúns dos personaxes máis importantes da historia da cultura galega a prestixiosas institucións como a Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, e o Instituto Cervantes de París".

Dentro da programación realizáronse simposios, iniciativas divulgativas e exposicións itinerantes como a inaugurada en Lalín, cunha "elevada carga simbólica e sentimental" ao poder exporse no pobo natal do autor, segundo sinalou o propio conselleiro.

"'Acción Laxeiro' é unha mostra diferente ao permitir velo en directo", explicou o titular de Cultura, xa que parte da retrospectiva inclúe a elaboración en vivo dunha das súas obras nun acto público en Santiago a finais dos anos 90.

Complétase con outras "de gran interese documental" como fotografías de Laxeiro en pleno desenvolvemento do seu proceso creativo, así como retratos elaborados polo pintor de Lalín doutros personaxes da cultura do seu tempo, como Uxío Novoneyra ou Jorge Castelo, entre outros.

Busto de Laxeiro
Busto de Laxeiro | Fonte: Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta