O presidente do Ateneo, Xaime Toxo, sinalou que foi un "home transversal" a todo o movemento social e cultural que, a partir de finais dos anos 70, protagonizou a efervescencia da Pontevedra daquela época na que fixo "todo o posible" para que a Boa Vila entrase "nos circuítos da modernidade".
  comenta   0
Continuamos coa nosa ruta polos murais de Vigo da man do guía oficial Borja Concheiro, e desfrutando da historia que agochan algunhas das obras máis bonitas e especiais da urbe olívica. Acompañádenos nesta segunda parte!
  comenta   0
A cidade amurallada pode presumir de ter unha chea de murais significativos e de moi distinta índole, nesta reportaxe imos polos barrios na procura dos máis destacados.
  comenta   0
O Galicia Confidencial comeza unha andaina polos diferentes murais da cidade para descubrir os segredos mellor gardados dos artistas. A plataforma Street Art Cities situou estas dúas obras entre as mellores do mundo.
  comenta   0
Din que esta acción é porque estes partidos votaron en contra ou abstivéronse no Congreso dos Deputados ou no Parlamento Europeo de frear o comercio de armas con Israel e cortar as relacións diplomáticas e comerciais.
Segundo informou a dirección da empresa aos sindicatos, a previsión é que o arranque da liña se leve a cabo o luns 1 de abril, na quenda das 06.00 horas. Non entanto, aínda está no aire cando volverán operar os talleres de Ferraxe e Pintura, que se concretará "canto antes".
Morreu Xavier Sierra i Valentí (Girona 1952),nn médico prestixioso na súa especialidade, a dermatoloxía. Deixounos unha ampla bibliografía que acredita os seus merecementos de médico de grandes coñecementos científicos. Amais disto, foi un meritorio humanista como se pode observa lendo as achegas do seu blog “Un dermatólogo en el museo” que acadou 2.651.562 visualizacións.
  comenta   0
A historiadora Zulema Olivencia conta que a prostitución heterosexual exercida por mulleres foi recollida xa por filósofos como Platón ou Cicerón, non así a heterosexual exercida por homes ou a homosexual, que se trataba de ocultar. Na cidade de Ostia e na de Pompeia atopáronse espazos nos que se tería practicado sexo, con pinturas de carácter homoerótico. Tamén en Pompeia apareceron gravados nas pedras nos que se lía a palabras 'cunnilingus', e detrás dos que se poñían os homes que ofrecían eses servizos ás mulleres.
  comenta   0
O Concello de Betanzos decretou este sábado dous días de loito e bandeiras a media hasta polo falecemento do artista Jesús Núñez, fillo predilecto da localidade.
  comenta   0
Unha gala de clausura no Auditorio Municipal de Verín, e presentada polo actor Manuel Cortés, puxo o punto final á edición deste ano. Curtas de Grecia, Suecia e Portugal recibiron algúns dos premios dentro das categorías oficiais a concurso.
  comenta   0
Nove galerías galegas da Coruña, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo participan conxuntamente para inaugurar a nova tempada expositiva, que arrincará o xoves 21 de setembro con novas exposicións que poderán visitar ese día en horarios especiais e a partir desa data en horario habitual.
  comenta   0
Nas escavacións recuperáronse os restos das ferramentas líticas fabricadas en cuarcitas e cuarzos recolleitos nas beiras dos ríos próximos. Estes aparellos eran usados para procesar os animais cazados, as súas peles e para fabricar ferramentas en madeira. Tamén se atoparon restos óseos e dentais das presas, como mandíbulas e ósos de cervo.
A vila ourensá organiza o vindeiro 10 de setembro no casco vello un consolidado encontro de artesás e artesáns locais e do resto de Galicia. Tamén haberá demostracións ao vivo, obradoiros para todos os públicos e música en directo entre as 17:00 e as 20:00 h.
  comenta   0
As novas áreas de servizo incluirán menús diarios con pratos típicos de tempada e produtos galegos; wifi gratuíto, aseos exteriores abertos as 24 horas e a modernización e mellora de todas as instalacións.
  comenta   0
A Fundación Laxeiro expón por primeira vez sete obras sobre papel, a lapis, carboncillo e acuarela, da época adolescente do artista galego, entre este xoves 3 de agosto e o 15 de outubro, baixo o título 'Laxeiro, paisaxes de adolescencia'.
Tres mulleres galegas representarán a marca nun evento de artesanía
  comenta   0
O concello vén de convocar un concurso para a realización dun mural na súa estación de autobuses e convida á participación. A iniciativa está enmarcada nun proxecto de limpeza e mellora da estética urbana na vila.
  comenta   0
O pintor lucense Isidro Alvariño Martínez faleceu este venres e para este sábado fixouse a súa cremación cunha posterior misa na máis estrita intimidade na igrexa parroquial de Santiago de Reinante.
Tanto o sábado como o domingo casa Museo Pablo Picasso desenvolverá novas sesións das visitas teatralizadas para lembrar a estancia na cidade herculina do pintor. A iniciativa, dentro do denominado proxecto VINTE, enmárcase dentro da celebración do Ano Picasso.
Os veciños esixen novamente a paralización cautelar das obras, porque consideran que está máis que comprobado que non se fixo unha prospección previa en condicións
  comenta   0
O presunto autor xa fora denunciado con anterioridade por ter un taller dedicado á compravenda ilegal de vehículos
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, sinalou que Picasso "na nosa cidade explotou a súa fascinación por paisaxes marítimas e pola Torre de Hércules".
  comenta   0
Os traballos dos comisarios centraranse agora na definición das ferramentas dixitais para unha mostra cun centenar de obras e que será unha das 16 grandes exposicións do programa oficial do Ano Picasso 2023.
  comenta   0
O concello suma cinco novas obras en espazos da cidade e traballa na creación do roteiro expositivo ao aire libre "Verín, territorio Banksy".
  comenta   0
O proxecto arrincará en Negreira, onde se celebrará do 22 ao 31 de outubro, para continuar do 3 ao 14 de novembro en Padrón e pechar na sede de Afundación de Ferrol, do 3 ao 17 de decembro
  comenta   0
Foi anunciada no marco do ano dedicado ao artista en 2023 para o Museo de Belas Artes da cidade herculina. A Xunta reprocha a Inés Rey buscar "confrontación".
  comenta   0
O 86% dos pacientes ve tan prexudicada a súa autoestima que afirma evitar actividades cotiás como bañarse, levar pantalóns curtos, saias ou camisetas de manga curta.
  comenta   0
Forma parte da iniciativa posta en marcha polos gobernos español e francés en colaboración con membros da familia do artista e expertos na súa figura.
  comenta   0
Despois de “Home nú pendurado da fiestra”, agora é outra das pintadas máis famosas deste artista a que apareceu na vila do Támega, concretamente na rúa da Cruz.
  comenta   1