Manuel Quintana Martelo, reelixido presidente da Real Academia Galega de Belas Artes

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2022 | Actualizada ás 15:16

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega de Belas Artes reelixiu como presidente da institución ao pintor Manuel Quintana Martelo nunha sesión extraordinaria celebrada este sábado.

Elixido académico de número da sección de Pintura da Academia en novembro de 2003, Manuel Quintana é presidente da entidade dende o ano 2014.

Así mesmo, en sesión ordinaria celebrada tamén este sábado, o pleno académico elixiu como novos académicos correspondentes ao arqueólogo Santiago Ferrer Sierra (Ourense, 1959) e ao investigador Juan Raúl López Naya (A Coruña, 1954), que traballou na Academia ata a súa xubilación en 2019, proposto "pola súa adicación e participación activa na institución durante máis de 20 anos e por ser un gran coñecedor da historia da Coruña e moi implicado na súa divulgación".

Ademais, tamén nomeou ao historiador de cinema, catedrático de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e director do Centro de Estudos Fílmicos da USC, José Luís Castro de Paz (A Coruña, 1964) e ao compositor Xavier de Paz López Nóvoa (A Coruña, 1963).

Manuel Quintana Martelo, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes
Manuel Quintana Martelo, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes | Fonte: Xurxo Lobato

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta