O concerto terá lugar no Edificio Fontán este domingo ás 19.00 horas e as entradas poderán adquirirse a través de Ataquilla.com a un prezo de cinco euros.
  comenta   0
Contará cun espectáculo en directo "exclusivo" que combinará "o virtuosismo do músico, unha banda de novos talentos e algunhas das mellores voces do país".
  comenta   0
O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra volverá á Praza da Ferrería con nomes como Gisele Jackson and The Shu Shu's ou Acantha Lang, entre moitos outros.
  comenta   0
"Blanca Varela" é o oitavo álbum do cantante e compositor. Nel contará cas voces de Guadi Galego, Leilía ou De Vacas.
  comenta   0
A gala de entrega de premios tivo lugar o pasado mércores 7 de xuño no Pazo de Congresos de Pontevedra e estivo moi ben presentada polos actores Isabel Risco e Fran Rei. Quince foron as categorías artísticas premiadas, Sergio de Miguel foi recoñecido como o mellor artista emerxente e Luz Casal recolleu o 'Premio Honorífico'.
  comenta   0
Será o vindeiro sábado 24 de xuño para presentar no Teatro de Beneficencia o seu documental e libro “Berpiztu”. Nestes traballos repasa a súa vida e carreira discográfica.
  comenta   0
A serie 'Rapa' recibiu catro premios e Esther Estévez foi recoñecida como mellor comunicadora
  comenta   0
Trátase dun proxecto realizado en colaboració con motivo do 250º aniversario do nacemento de Beethoven co Serviço Educativo da Casa da Música de Porto. 
  comenta   0
Alberto Vázquez e Noelia Muíño xa recibiran galardóns en edicións anteriores. Tamén foron premiados actriz Lidia Veigaou Carlos del Villar á mellor fotografía.
A artista quere transmitir unha mensaxe de ledicia e esperanza co seu novo tema.
  comenta   0
O músico coruñés publica 'Si mi rayo te alcanzara', un traballo gravado antes da pandemia co que marca o inicio dunha nova etapa na súa traxectoria.
  comenta   0
A Real Filharmonía de Galicia estrea esta obra do compositor galego-estadonidense Aaron Siebert e baseada no libro de Neira Vilas.
  comenta   0
Como esta maldita pandemia coarta a nosa vida cotián e obríganos a andar medio enmascarados, inpedindo os apretóns de mans e bicos nas meixelas; e como semella que perdurará no tempo, a día de hoxe, atopar espazos culturais onde escoitar boa música e en directo, resulta case imposibel.
  comenta   0
“No tocarte” é unha canción destacada do grupo Radio Futura. Producida por Jo Dworniak e Duncan Bridgeman, do trío I-Level, foi publicada en 1985. Na letra, a voz narradora ofrece imaxes de rara expresividade na música popular para describir unha intensa relación amorosa. O compositor Santiago Auserón intenta transcribir as leis do desexo.
  comenta   0
Hai sesenta anos que faleceu Faustino Santalices. El e Perfecto Feijoo foron os grandes restauradores do noso patrimonio musical. O boticario pontevedrés creando coros, Santalices recuperando cantigas do repertorio de coñecidos gaiteiros da época. Máis dunha vez relatou como o gaiteiro de Penalta lle aprendera a tocar o instrumento levado da man do seu tio: “Olla, Manuel. A este meu sobriño quero que lle ensines a tocar a gaita. Así que os domingos que non saias de festa, avísalo poñendo unha saba na pena que esta perto da túa pasa, para que non camiñe de balde”. Nese tempo Faustino Santalices estudaba nos Escolapios de Celanova e vivía en Vilanova dos Infantes.
  comenta   0
O fundador de Luar na Lubre, Bieito Romero, será o primeiro dos 365 músicos que ao longo dun ano subirán á torre da Catedral de Ourense para interpretar o himno da provincia en homenaxe ás vítimas da pandemia.
  comenta   0
Ao longo de varias conversas co músico e xornalista Manolo Tarancón, o artista relata toda a súa traxectoria musical.
  comenta   0
Será o 6 de xuño de 2020, ás 9 da noite, no Pazo da Ópera da cidade de A Coruña. José Luis Perales actuará en Galicia dentro da xira de dicir adeus aos escenarios, como acaba de facer Jean Paul Gaultier no mundo da moda. Semella que vivimos nun tempo de despedidas.
  comenta   0
A cidade de Ferrol presenta a súa programación cultural para este primeiro trimestre. Un dos pratos fortes será o pianista británico.
  comenta   0
Unha serie de gravacións e de concertos iniciada nos anos 70 do século vinte dá forma a unha corrente imparable de confluencia entre a música culta e a música popular cara a un océano de son.
  comenta   0