Non tocarte

“No tocarte” é unha canción destacada do grupo Radio Futura. Producida por Jo Dworniak e Duncan Bridgeman, do trío I-Level, foi publicada en 1985. Na letra, a voz narradora ofrece imaxes de rara expresividade na música popular para describir unha intensa relación amorosa. O compositor Santiago Auserón intenta transcribir as leis do desexo.

Por Ramón Torrado | Ribeira | 31/08/2020

Comparte esta noticia
Trinta e cinco anos despois do lanzamento dese éxito, neste inaudito 2020, o mundo enteiro entrou nunha fase de non tocarse. O motivo é a pandemia ocasionada polo virus denominado covid-19.
 
Todo cambiou. Prohibidos os abrazos e os bicos, prohibida a proximidade física e prohibido bailar, establécese o illamento social como medida de prevención ou curación. Digno dun pesadelo infernal, o tráxico reconto de persoas infectadas e de falecidos a causa desta emerxencia global é un recordatorio diario da necesidade dun sistema de conxelación.
 
Que poden facer os seres solitarios e románticos? Como se adaptan aqueles que compoñen na memoria un álbum de xestos de cariño como base da súa felicidade?
 
Non sabendo o tempo que resta da situación de perigo, como se poden recompoñer os progresivamente máis débiles lazos entre as parellas, os amigos, os familiares e os coñecidos? Será posible que gañen as pantallas e o mundo automatizado? Vencerán o coltán, o cristal, o metal e o plástico sobre a fibra sensible do ser humano?
 
A esperanza é que non, que un compendio de altas virtudes humanas – a intuición, a imaxinación, a investigación, a tenacidade, a solidariedade, a xenerosidade, a compaixón, a inocencia, a valentía, a paciencia e a tenrura – potenciadas, consigan unha nova epopea humana de superación para seguir adiante con determinación e boa ventura cara o futuro.      
 

Un neno cunha máscara asómase á xanela da súa casa durante o confinamento polo coronavirus, en Valdemoro
Un neno cunha máscara asómase á xanela da súa casa durante o confinamento polo coronavirus, en Valdemoro | Fonte: Madrid (España) a 20 de abril de 2020.. Óscar J.Barroso - Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Ramón torrado Ramón Torrado Romero (Araño-Rianxo, 1966). Educado en Galicia, no País Vasco e nos Estados Unidos. Licenciado en Filoloxía Inglesa na USC, é profesor de instituto. Investigador rosaliano. Colaborador en Certo, xornal dixital de Barbanza. Ten escritas catro novelas, un libro de relatos e outro de viaxes. A súa última novela é Rebeca no val das sombras ardentes (Toxosoutos, 2018)".