Artigos de Ramón Torrado

Retorno aos vales da inocencia

Alguén lembra aquel cántico taiwanés que se escoita no tema “Return To Innocence” que Enigma publicou en 1993? Hai algo nesas voces que transmite un sentimento grácil de candor prevalecendo no paso do tempo.

Aurelio Aguirre por Otero Pedrayo

Entre os anos 1996 e 2000, traballei na miña primeira obra. Trátase dunha biografía novelada sobre Rosalía de Castro. Para completala, investiguei en varios arquivos e falei con numerosas persoas. A novela permanece inédita, pero un resultado colateral da investigación foi que puiden poñer na luz dous poemas inéditos da cantora do río Sar e un libro inédito do seu amigo e mentor, o poeta compostelán Aurelio Aguirre Galarraga.

Pintar o vento

Nos anos 90, na miña cafetería favorita en Compostela, a Airas Nunes que está moi próxima á Catedral, cheguei a coñecer a daquela realmente magnífica revista británica chamada Independent on Sunday. Nela, vin un día un detalle sorprendente ao cal a publicación non lle daba importancia: un artista lograra pintar o vento.

Ai, Tanxugueiriñas

É bonito o amor á terra nai. O fenómeno social do trío Tanxugueiras trae a consideración optimista de que talvez hai máis xente do que se pensaba, aquí e en España, que en realidade non ten nada contra Galicia ou contra a lingua galega. O impulso que podía ser a ocasión de ver unha canción en galego no Festival de Eurovisión quedou truncado, pero as sensacións novas creadas por estas tres artistas son ilusionantes.

Mulleres galegas namorando

Como xa comentei aquí en Galicia Confidencial, quen é para min o mellor actor do mundo, o versátil paciente inglés, xardineiro fiel e malvado nazi que se enfronta a Oskar Schindler estivo uns días en Carnota.

Cansu Dere e as paixóns

Estou namorado da actriz Cansu Dere. A protagonista da serie “Infiel” quita o alento coa súa arte, beleza e suma elegancia. Veñen á mente Grace Kelly, Audrey Hepburn ou Eva Marie Saint como modelos paralelos en canto ao vestiario e a maneira de levalo e de andar.

Aqueles homes

Antes de nada, debo advertir que pode ser que a memoria me faga idealizar algúns recordos do pasado. A miña infancia é unha néboa, e cústame distinguir entre as sombras que aparecen nun alucinado esforzo de rememorar aqueles días dos anos 60 e 70 do século pasado.

Veráns azuis forever

Cada anhelado verán acaba sendo un cofre de recordos. É posible que non se cumpran as expectativas, pero na maior parte dos casos as vacacións son unha oportunidade para descansar e para sentir emocións.