Artigos de Ramón Torrado

Os outros amigos de papel

Para Antón Álvez Agora que os libros de cómics – maiormente estadounidenses ou franceses - ocupan máis espazo que a Literatura Galega nalgún centros comercial, podemos programar os controis cara o corazón dos anos 70 e facer unha pequena viaxe no tempo coa misión de observar as publicacións de banda deseñada española desa época.

A alma do silencio

Faltaban uns segundos para o remate do día 4 de agosto de 2015 cando o locutor dun programa de radio dedicado á música heavy metal se despediu dos oíntes dicindo: “... y recuerda que si te quejas de que te molesta el ruído es que estás viejo”. Tería razón este atrevido presentador?

A teoría dos patróns

Se esa persoa que tanto nos gusta tivera a beleza que lle vemos nós, todo o mundo quedaría abraiado e faría un círculo arredor dela ou del. Isto non sucede así porque en realidade eles responden ó noso gusto, ó patrón que temos individualmente.

Ignacio Castro na zona de sombra

Que sucede cando un pensador que debería ser un referente é ignorado no seu propio país? Será a maldición implícita no vello dito de que ninguén é profeta na súa terra a que exerce os seus designios sobre nós?

Os fachos de Grosso Teatro en 3016

Dámoslle ao teatro o recoñecemento que merece? No cine e na televisión as múltiples tomas permiten que se resolvan os posibles erros e defectos na interpretación dunha obra. Non é así no mundo do teatro, onde cada representación é un salto sen rede.

O camiño á invisibilidade

Para o meu pai, que amaba o dito “Facta, non verba”

Unha obra ferriniana de Airiños

Ferriniana non por Bryan Ferry senón por Xosé Luís Méndez Ferrín, autor do guión orixinal que data de 1983, Celtas sen filtro é a comedia que o grupo teatral rianxeiro Airiños acaba de adaptar á actualidade do ano 2015.

Castelao vía a plenitude da lúa

Conexións. Antes de nada, debo confesar a miña condición de neófito no tema de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao. Ata este mes de outubro de 2014, pouco sabía da vida de Castelao e aínda non lin ninguna obra súa completa. Tal como me sucede con Dante e con Onetti, con Willa Cather e con Proust, reservo a lectura das obras do autor de Rianxo para un futuro incerto.