Ourense acolle un concerto dos Hombres G e unha exposición dos Beatles na súa semana cultural

A Semana nas Industrias Culturais e Creativas arrinca este sábado e terá invitados da talla de Amaro Ferreiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2022 | Actualizada ás 20:48

Comparte esta noticia

A Semana das Industrias Culturais e Creativas de Ourense, a ICCWeek, que cumpre nesta edición oito anos, comezou este sábado os seu sete días de programación con Hombres G. como protagonistas. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar sinalou no acto inaugural que este evento ten xa "unha visibilidade máis que importante".

O presidente do ente provincial, organizador da ICCWeek, insistiu en que Ourense é "cultura e creatividade" e, neste sentido, reivindicou a imaxe deste ano, o Alpinche, o coche que Estanislao Reverter fixo coa carrozaría dun Alpine e co motor dun Porsche, como "un exemplo claro desa cultura e desa creatividade".

O primeiro día desta semana tivo como protagonistas aos Hombres G. Paco Trindad, Paco Martín e Charlie Sánchez participaron nunha mesa redonda na que reivindicaron a importancia cultural desta banda. Para a segunda xornada, que se celebrará este domingo, está programada unha sesión vermú e contará tamén con Amaro Ferreiro, o Colectivo Da Silva e os ourensáns Tandub, que ofrecerán o seu musica nos Xardíns de Pai Feijóo, que contará cunha carpa para que "a choiva non sexa un problema".

Ademais, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, tamén visitou este sábado os preparativos da exposición 'Alrededor del Universo Beatle', que se inaugurará o vindeiro luns 25 de abril, ás 19,30 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel. En palabras de Manuel Baltar, a exposición é "unha das estrelas da oitava edición da Ourense ICC Week", e subliñou que Ourense "está en disposición de ofrecer unha mostra única".

O luns, ademais da inauguración da mostra, haberá unha proxección do documental 'The Beatles at Shea Stadium', ás 18,30 horas, e unha mesa redonda coa participación do músico compositor Nicolás Pastoriza, o xornalista musical Julio Ruiz e o comisario da exposición, Chema Ríos, ás 20,00 horas.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugura a Ourense ICC Week. DEPUTACIÓN DE OURENSE/ALBERTE PAZ / Europa Press
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugura a Ourense ICC Week. DEPUTACIÓN DE OURENSE/ALBERTE PAZ / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta