Pili Pampín presenta un novo tema "pop dance"

A artista quere transmitir unha mensaxe de ledicia e esperanza co seu novo tema.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2021 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

A artista galega Pili Pampín vén de presentar un novo sinxelo, "Gozaremos do verán". Con esta canción a artista quere transmitir unha mensaxe de esperanza e ledicia para este verán, a través deste tema pop dance en galego. 

Pili Pampín
Pili Pampín | Fonte: Youtube

"Gozaremos do verán" foi composta por Samuel Bugía, autor coruñés compositor de temas para Eurovisión e sinxelos de artistas galegas como alejandra Pais ou Tamara Pérez. DJ Federato, director de Mammamusic, encargouse da produción instrumental. 

O vioclip do tema, que conta coa colaboración de Roberto Vilar e dos Kilomberos de MonteAlto, estrearase o xoves 24 de xullo ás 13:00 en Youtube. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta