Verín incorpora novas réplicas de Banksy ás súas rúas

O concello suma cinco novas obras en espazos da cidade e traballa na creación do roteiro expositivo ao aire libre "Verín, territorio Banksy".

Por Galicia Confidencial | Verín | 17/10/2022 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

Verín presenta cinco réplicas máis das obras de Banksy máis coñecidas. Trátase de: “Nena con roda”, "Laboratorio de ideas", "Neno da caixa eléctrica", “Pulp Fiction” e “Nena con corda”.  As intervencións forma parte da mostra ao aire libre “Verín, territorio Banksy”, que formará un roteiro polas rúas e que en breve será presentado oficialmente polo concello.

“Pulp Fiction” . Foto: Prensa Concello de Verín.
“Pulp Fiction” . Foto: Prensa Concello de Verín.

Por citar unha delas, no muro do punto limpo da Avenida Luis Espada aparece un dos iconos máis coñecidos do enigmático autor: “Pulp Fiction”"Neste traballo o xenial grafiteiro anónimo Bansky parodia á ferocidade dos personaxes de John Travolta e Samuel L. Jackson na película Pulp Fiction de Tarantino (1994), intercambiando as armas por plátanos, o que convirte a escea en risible", describen dende o concello.

A obra estivo orixinalmente en Londres, nunha parede da estación de metro de Old Street, aínda que os orixinais e ata as plantillas teñen sido vendidas por importantes cantidades. 

O Concello de Verín busca que esta acción sirva para combater a degradación de certos edificios e ao mesmo tempo chegar a ser un atractivo cultural que conforme un circuíto turístico dentro do casco urbano. “Sería un final espectacular que o propio Banksy rematarse por interesarse na vila e deixase unha das súas obras en Verín”, sinalan dende o concello.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta