O BNG critica a Constitución española por "negar" a Galicia "decidir" sobre a súa independencia

Rego non participará en ningún acto no Congreso e denuncia que a Carta Magna "protexe unha monarquía anacrónica e corrupta”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/12/2022 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

O deputado nacionalista da Cámara baixa, Néstor Rego, ratificou que o BNG non participará en ningún dos actos realizados polo Congreso en conmemoración do Día da Constitución, a cal cualifica como "o resultado da transición pactada cos últimos xestores do franquismo" e que "nega a Galicia como nación".

Constitución española
Constitución española | Fonte: Vía Galega


Fronte a iso, concluíu que é "a hora de levantar a República dá Galiza", para o que serán necesarios uns "cambios estruturais" que permitan unha "verdadeira democratización da vida política" dun pobo "cun modelo propio, republicano e soberano".

"Esta non é a nosa constitución", afirmou o representante do BNG, que lembra como o nacionalismo galego sempre apostou pola ruptura total co réxime franquista e non polo pacto que finalmente propiciou este escrito.

Afirma que se debe "romper co réxime do 78", reencarnado nunha monarquía "anacrónica e corrupta", e unha Constitución que perpetúa valores "escasamente democráticos".

Unha monarquía que define como unha institución "anacrónica, antidemocrática e corrupta". Segundo Rego, a existencia na actualidade desta estrutura "herdada do franquismo", demostra que o Estado español "non é un sistema verdadeiramente democrático, xa que non permite que a cidadanía elixa á súa Xefatura do Estado".

Deste asunto, a organización nacionalista acusa tanto á esquerda institucional como á dereita política española de actuar en consonancia para protexer á institución monárquica, co veto de todas as solicitudes para crear unha Comisión de Investigación sobre "os escándalos dos Borbóns". Unha corrupción das elites españolas que converten un fracaso o actual marco constitucional.

UNHA CONSTITUCIÓN PREXUDICIAL PARA GALICIA

Unha carta magna que Néstor Rego non sente como propia porque "apontoa o centralismo de Madrid e prexudica a Galicia". "Madrid funciona como unha aspiradora de recursos que concentra e absorbe o investimento, as grandes empresas, o talento e os centros de decisión política", asevera.

Rego volveu a reclamar "a soberanía galega e a capacidade (de Galicia) para decidir por si mesma", e así poder desenvolverse totalmente "desde o punto de vista social, económico, político e cultural". Para o BNG, isto é agora "unha tarefa imposible", xa que a Constitución "nega a realidade plurinacional e os dereitos das nacións que integran o estado".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta