Rueda reivindica a Constitución e cre que o BNG se afasta dos cidadáns apostando por "unha república galega"

O presidente da Xunta afirma que o pobo galego se sente "parte" da nación española. Manuel Baltar asegura que a Constitución é un "texto que aluma a democracia" española.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/12/2022 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, afirmou este martes en Madrid que entre os galegos e galegas hai un "sentir moi maioritario" en defensa da Constitución de 1978 e cre que o BNG se desmarca dos cidadáns ao apostar por unha 'república galega'.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda | Fonte: Alberto Ortega - Europa Press.

En declaracións no Congreso, pouco antes de participar no acto institucional do aniversario da Constitución, o político do PP dixo que o pobo galego se sente "cómodo" na Constitución e séntese "parte" da nación española. Ademais, lembrou que un dos 'pais' da Carta Magna foi Manuel Fraga, que anos despois foi presidente da Xunta.

"Somos moi de defender a Constitución, mentres que a primeira forza da oposición desmárcase dos galegos reivindicando unha república galega", comentou, en referencia ao BNG.

Ao ser preguntado polo Goberno central e os seus aliados parlamentarios, Alfonso Rueda dixo que "cada un é responsable das súas decisións e consecuencias", pero non entende que se diga que se defende a Constitución mentres se pacta con quen non están de con ela.

BALTAR

O presidente da Deputación de Ourense Manuel Baltar asegurou durante a entrega de premios do '38º Concurso da Constitución', que a Carta Magna é un texto "que aluma a democracia" española e un instrumento "fundamental que marca o progreso e a modernización do Estado".

Manuel Baltar participou no acto celebrado no auditorio da capital ourensá, para remarcar a importancia da Constitución como "o marco que garante o progreso en España", ao instaurar un modelo autonómico que "permite o desenvolvemento de Galicia" á vez que "salvagarda a unidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta