Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2022 | Actualizada ás 11:38
Os órganos xudiciais galegos rexistraron durante os meses de xullo, agosto e setembro deste ano 75.224 novos asuntos, o que supuxo un incremento do 4,6% con respecto ao mesmo trimestre de 2021. Ademais, resolvéronse 65.624 asuntos, un 2,7% menos.
Segundo indicou o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) no informe 'Situación dos órganos xudiciais no terceiro trimestre de 2022', difundido este mércores, o número de casos en trámite en Galicia mantívose estable, ao rexistrarse 161.300 casos, fronte aos 159.800 do ano anterior.
Así mesmo, a taxa de litixiosidade, é dicir, o número de procedementos por cada mil habitantes, situouse en Galicia en 28, fronte aos 32,1 de media estatal. O estudo indica que o ingreso de procedementos aumentou na orde civil un 8,2%; no penal, un 3%; e no social, un 0,5%. Mentres, na contencioso-administrativa diminuíu un 7,3%.
DATOS PROVINCIAIS
Por provincias, entre o 1 de xullo e 30 de setembro na Coruña resolvéronse 24.277 asuntos e ingresáronse 27.852, un 6,9% máis queen o mesmo período de 2021. Así, Pontevedra recibiu 26.256 casos e finalizou 23.205, o que supón unha baixada do 2,8%.
Así mesmo, en Lugo entraron aos xulgados un total de 8.340 novos procedementos e 7.671 nos de Ourense. Ademais, resolvéronse 6.995 e 6.590, respectivamente.
AUMENTA UN 7,5% EN ESPAÑA
Nesta liña, os órganos xudiciais de toda España rexistraron durante os meses de xullo, agosto e setembro un total de 1.522.449 novos asuntos, un 7,5% máis con respecto ao mesmo trimestre de 2021.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.