Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2022 | Actualizada ás 19:04
Dende este venres 9 de decembro e ata o vindeiro sábado 17, A Coruña converterase na capital da animación e da creatividade coa sexta edición do Festival Animación, un festival de cine internacional, único en Galicia, e un dos poucos de España, centrado exclusivamente sobre a técnica do cine de animación, con proxeccións e actividades relacionadas co sector.
Organizado anualmente, con data consolidada de celebración no mes de decembro, está dirixido a conseguir amplos públicos arredor dunha proposta de contidos "coherente e definida".
A primeira edición naceu en 2017, "sen outra pretensión que ser unha proxección expositiva do talento e das posibilidades artísticas que ofrece o cine de animación, e poder compartilo coa poboación coruñesa", explica a organización nun comunicado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.