Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2022 | Actualizada ás 13:50
O equipo formado por María Santalla Martínez e Daniel Alejandro Santiago Mayoral fíxose co galardón do certame Xuventude Crea 2022 na especialidade de 'Creación de videoxogos' coa súa proposta 'K.I.W.I'.
O segundo lugar foi para a creación titulada 'Poupar', que elaboraron Jorge Fernández Meneses, Eloi Pena Gómez, Celia Fernández Gómez, Brandán Reino Gorín e Sara Martínez Narváez. Mentres, o terceiro premio quedou deserto. Segundo detallou a Xunta, os gañadores recibirán unha gratificación de 3.000 euros e 1.500 euros o equipo que quedou en segunda posición.
A través deste programa, o Goberno galego pretende recoñecer o talento e a creatividade da mocidade galega en distintas categorías como teatro, música, novela curta, poesía, arte urbana, moda ou deseño de xoias, entre outras.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.