As provincias da Coruña e Lugo, en alerta laranxa este luns por temporal costeiro

No que respecta ao vento, o nivel de aviso será amarelo por soprar do suroeste con refachos de ata 80 quilómetros por hora

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2022 | Actualizada ás 15:47

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior dá Vicepresidencia Segunda da Xunta activou para este luns unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo. Explican nun comunicado que, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolófico adverso de nivel laranxa comezará á primeira hora do luns na Mariña e no noroeste da Coruña por mar combinado do suroeste con ondas de ata cinco metros debido ao mar de fondo e vento do suroeste forza 8 de ata 74 quilómetros por hora.

No resto do litoral galego o nivel de aviso será amarelo, tamén por mar combinado do suroeste e ondas de ata cinco metros e mar de fondo e ventos do suroeste forza sete. Ademais, permanecerá activa a alerta amarela por precipitacións acumuladas en toda a provincia de Pontevedra, no suroeste da Coruña, no sur de Lugo e no noroeste e na zona do Miño de Ourense.

No que respecta ao vento, o nivel de aviso será amarelo por soprar do suroeste con refachos de ata 80 quilómetros por hora na provincia de Pontevedra, na Mariña e no noroeste, oeste e suroeste da Coruña.

Forte ondada e tempo anticiclónico, a 21 de febreiro de 2022, na Coruña, Galicia (España).  M. Dylan - Europa Press
Forte ondada e tempo anticiclónico, a 21 de febreiro de 2022, na Coruña, Galicia (España). M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta