A ministra Maroto acusa a Xunta de "xerar crispación" contra o Goberno central: "Di moito, pero fai pouco"

Garante o apoio do Goberno central ás empresas galegas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2022 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

A ministra de Industria, Reyes Maroto, garantiu o apoio do Goberno central ás empresas galegas e lamentou que a Xunta busque a "crispación" co Goberno central. "Di moito, pero fai pouco", censurou, con respecto ao Executivo galegp.

A ministra de Industria, Reyes Maroto, no foro de 'A Rexión'
A ministra de Industria, Reyes Maroto, no foro de 'A Rexión' | Fonte: Europa Press

Así respondeu ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, despois de que este trasladase a súa "preocupación" polo apoio do Goberno cara á industria e o atraso na repartición dos Fondos Next Generation. A estas palabras sumáronse as do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, quen tamén se refería de novo nunha entrevista na Ser a que existe risco de deslocalización da produción industrial se o Goberno non tramita "con axilidade" os fondos europeos".

Fronte a iso, Reyes Maroto garantiu o apoio ao sector industrial, amparándose en "tres proxectos emblemáticos para Galicia" dentro do Perte do hidróxeno verde. Así mesmo, enxalzou o "acompañamento" a proxectos da man de Stellantis ou "o desenvolvemento de novas capacidades industriais" e tamén "o investimento que fará Maerks que elixiu Andalucía e Galicia para desenvolver un proxecto único en Europa, desde o punto de vista da descarbonización do transporte marítimo".

Neste sentido, criticou que "a pregunta debería ser que achega a Xunta para acompañar estes investimentos que o Goberno trae a Galicia", lamentando que a Xunta de Galicia busca con estas declaracións "xerar crispación", cando "o que é necesario é que a administración, con competencias en industria, apoie os investimentos como o fai o Goberno de España, facendo política útil".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta